Actividades
O catálogo de actividades de DigiTalent combina iniciativas que dan resposta ás necesidades específicas de cada perfil:

Etapa de aprendizaxe na que se desenvolven as primeiras inclinacións ou intereses das persoas para dedicarse a un determinado ámbito.

Etapa de experimentación e formación que determina a carreira laboral e promove a posición cara a un camiño de desenvolvemento profesional.
Pechado
Achegar aos nenos e nenas á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñaría e ás matemáticas dunha forma divertida, atractiva e fácil de desenvolver.
Pechado
Fomentar o atractivo vocacional cara as carreiras profesionais STEM e achegar aos centros de bacharelato as oportunidades laborais no sector tecnolóxico.
Dar a coñecer os diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía, co propósito de mostrar as posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria.
Pechado
Impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC.
Poñer en práctica o talento dixital e a capacidade de resolución de problemas entre a rapazada, ao tempo que se desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa.
Fomentar o achegamento do software libre á mocidade galega, incrementar os coñecementos do estudantado universitario sobre este tipo de tecnoloxías e impulsar as posibilidades de emprego de calidade vencellados ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo para a inclusión e capacitación dixital da cidadanía
Pechado
Formar á cidadanía no emprego de equipamento innovador co que se dotou á Rede CeMIT e incrementar as habilidades e competencias dixitais dos seus usuarios/as.
Pechado
Xerar un espazo para a reflexión e compartición de coñecementos, experiencias e retos no eido dos sistemas e tecnoloxías da información no ecosistema dixital de Galicia.
Fomentar e reforzar unha cultura de ciberseguridade dende idades temperás e incidir sobre as vocacións STEAM entre os rapaces e rapazas, especialmente entre as nenas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »










