Obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo para a inclusión e capacitación dixital da cidadanía

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia  e/ou en colaboración con outros organismos.
Obradoiros formativos presenciais sobre o uso do equipamento innovador dispoñible da Rede CeMIT.

Obxectivos: 
Formar á cidadanía no emprego de equipamento innovador co que se dotou á Rede CeMIT e incrementar as habilidades e competencias dixitais dos seus usuarios/as.
En qué consiste: 

Obradoiros creativos sobre o uso práctico do equipamento disruptivo co que se dotou á Rede CeMIT, que inclúen a impresión 3D, lentes de realidade virtual, drons ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.

As xornadas terán unha duración de 4 horas e desenvolveranse cunha perspectiva demostrativa-experimental, expoñendo varias aplicacións e usos dos diferentes materiais tecnolóxicos co obxectivo de formar aos participantes no emprego do equipamento innovador e mellorar as súas habilidades e competencias dixitais.  

As xornadas terán lugar de xeito presencial de xullo a outubro en 18 concellos galegos. As persoas participantes non precisan contar con coñecemento previo aínda que si con competencias dixitais básicas no uso das TIC.

  • Datas de celebración: Do 13 de xullo ao 16 de outubro de 2023.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración asinado entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Varias aulas CeMIT
A quen vai dirixido: 

Cidadanía en xeral.

Idade mínima: 
18
Datas: 
Do 13/07/2023 - 09:00 ata o 16/10/2023 - 15:00