Mentoring FP
Programa de mentorización para alumnado de FP en Informática.
Mentoring FP é un programa para alumnado de Formación Profesional no que o persoal experto das empresas colaboradoras titoriza e asesora aos participantes a través dun Plan de Mentoring personalizado, adaptado ao perfil do alumnado e orientado á identificación de saídas profesionais no ámbito tecnolóxico e/ou a posta en marcha dun proxecto emprendedor.
O alumnado participante contará coa orientación dun mentor/a, que o acompañará no desenvolvemento do itinerario, compartindo os seus coñecementos e experiencia no sector TIC co obxectivo de guiar e potenciar o talento, capacidades e habilidades da persoa mentorizada.
Ademais, a participación no programa é compatible coa realización simultánea do Módulo FCT (Formación en Centros de Traballo) na mesma empresa coa que se están a realizar as actividades de mentorización.
Este programa desenvólvese ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no marco do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital e o Plan de Emprendemento no Sistema Educativo.
Alumnado de Formación Profesional de Grao Superior e de Cursos de Especialización da familia profesional de Informática e Comunicacións en centros sostidos con fondos públicos.