Foro CIOS
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
Foro sobre tecnoloxías da información que ten por obxectivo contribuír a xerar un espazo de reflexión e compartición de coñecementos e experiencias e retos.
O encontro está dirixido a CIOs (Chief Information Officer), responsables dos sistemas e tecnoloxías da información de empresas, entidades e organizacións, así como a persoal directivo do ecosistema dixital galego.
Programa e relatores por determinar.
Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.
Persoas responsables de sistemas de información e tecnoloxías da información de empresas, entidades e organizacións, así como persoal directivo do ecosistema dixital de Galicia.