Foro Galicia TIC – Actividades NTT Data

Impulsada por NTT Data Spain S.L.U.

Obxectivos: 
Divulgar entre o público participante coñecemento experto sobre o crecemento, dixitalización e eficiencia de diversos sectores económicos dende unha perspectiva tecnolóxica.
En qué consiste: 

Crecemento, dixitalización e eficiencia son os tres obxectivos do lema da XX Edición de Galicia TIC; tres tendencias complementarias que se reforzan mutuamente e constituirán a principal  estratexia empresarial dos vindeiros anos. As actuais tendencias tecnolóxicas contribuirán ao cumprimento dos obxectivos das organizacións de escalar, adaptarse e crecer.

NTT Data participa como invitada no Foro GaliciaTIC co relatorio “Colaboración Público-Privada, transformación dixital e innovación: un potencial camiño para afrontar os grandes desafíos do noso século”. Ademais, participa na Feira de Emprego TIC a través da mesa temática “Formación e capacitación TIC en Galicia. Mapa de ofertas e saídas profesionais”, e achega a estudantes e titulados oportunidades de prácticas e emprego no Hall do Edificio Fontán.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Cidade da Cultura
A quen vai dirixido: 

Público xeral interesado, con foco no perfís de Formación Profesional.

Datas: 
19/10/2022 - Do 09:30 ata o 19:00