II Encontro CIBER.gal 2022 – Actividades NTT Data
Impulsada por NTT Data Spain S.L.U.
Obxectivos:
Contribuír a sensibilizar á cidadanía, empresas e institucións sobre a importancia da ciberseguridade e a detección de ameazas na sociedade dixital, así como as oportunidades de éxito profesional do mercado laboral da ciberseguridade.
En qué consiste:
NTT Data participa nas xornadas do Encontro Galego de Ciberseguridade, no que a través de diferentes actividades e relatorios dos expertos de referencia convidados, abordarase o estado da ciberseguridade nas empresas, traballadores e cidadanía en xeral, afondando na súa importancia no día a día.
O II Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal está organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal. É un evento que integra entidades de referencia no campo da seguridade da información, como o Incibe, o CCN, as principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da comunidade e os axentes clave dos sectores tecnolóxico, investigador e do coñecemento.
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Cidade da Cultura de Galicia (Edificio Fontán).
A quen vai dirixido:
Empresas, cidadanía e administracións públicas.
Datas:
Do 09/11/2022 - 09:00 ata o 10/11/2022 - 18:00