Espertar e motivar as vocacións científico-tecnolóxicas a través de actividades lúdico-formativas que fomentan a creatividade e as competencias e habilidades dixitais.
Espertar e fomentar as vocacións STEAM a través de actividades lúdico-formativas e reforzar os coñecementos e habilidades de todos os perfís á continua evolución tecnolóxica.
Fomentar e atraer o talento galego no ámbito tecnolóxico, impulsando o seu desenvolvemento profesional a través do contacto entre os universitarios e o mundo laboral.
Sensibilizar e dar visibilidade ás mulleres que traballan no desenvolvemento da informática e derrubar os estereotipos sobre as carreiras STEAM, e en especial, da carreira de informática, contribuíndo á redución da fenda de xénero neste eido.