Actividades nos Foros de Emprego universitarios - DigiTalent

Impulsado por NTT DATA SPAIN S.L.U.

Iniciativas que propician o achegamento entre estudantes e titulados/as das universidades públicas de Galicia e o sector empresarial TIC galego.

Obxectivos: 
Fomentar e atraer o talento galego no ámbito tecnolóxico, impulsando o seu desenvolvemento profesional a través do contacto entre os universitarios e o mundo laboral.
En qué consiste: 

Os Foros de Emprego universitarios xeran espazos de comunicación entre o talento galego e as diferentes empresas do noso territorio, dándolles a estas últimas a oportunidade de presentarse e entrar en contacto coa comunidade universitaria ao tempo que se achega aos estudantes e egresados/as ao mercado de traballo. 

NTT DATA participa activamente nas xornadas orientadas a perfís tecnolóxicos organizadas dende as tres universidades galegas:

  • Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo (UVigo)
    Evento organizado anualmente desde 2001 polas delegacións de alumnado das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñaría de Telecomunicacións, Industriais e Minas da Universidade de Vigo. As xornadas contarán un ano máis coa colaboración de NTT DATA a través de diversas actividades relacionadas coa temática do evento. O día 11 impartirase un taller sobre competencias, co obxectivo de axudar aos alumnos das diferentes titulacións do Campus de Vigo a coñecer as competencias que valoran as empresas, como son avaliadas e de que maneira poden preparalas e identificar cales son as que teñen que potenciar ou mellorar e cales destacar.
    • Datas de celebración: 9, 10 e 11 de marzo do 2022.
    • Lugar: Campus da Universidade de Vigo (Lagoas - Marcosende).
  • Foro de Emprego da Universidade da Coruña (UDC)
    Xornada organizada desde a Facultade de Informática da Coruña (FIC), para que os alumnos das diferentes titulacións poidan coñecer que lles ofrece o mercado laboral a través do contacto con diferentes empresas. Neste foro, impartirase unha charla sobre Data e tecnoloxía Cloud.
    • Datas de celebración: 5 de abril do 2022.
    • Lugar: Facultade de Enxeñaría Informática de A Coruña
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Campus Universitarios
A quen vai dirixido: 

Alumnado e titulados/as das universidades públicas galegas.

Datas: 
Do 09/03/2022 - 09:00 ata o 05/04/2022 - 15:00