Mulleres na informática: Marxe de Erro
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Presentación do documental “Marxe de erro” que amosa unha visión en primeira persoa das mulleres na enxeñaría e pon en valor a necesidade da presenza feminina nas carreiras tecnolóxicas.
Xornada de presentación do documental “Marxe de Erro”, que recolle as experiencias e vivencias de cinco mulleres galegas referentes no ámbito da informática, ofrecendo unha visión sobre a presenza feminina nesta carreira.
O documental persegue destacar o aporte de valor que supón o talento feminino nas carreiras tecnolóxicas, dando especial visibilidade a tantas outras mulleres que foron fundamentais para o desenvolvemento deste sector e a todas aquelas que seguen a traballar a día de hoxe neste eido. Cos seus testemuños, as protagonistas buscan romper coas ideas, roles e estereotipos preconcibidos que afastan ás mulleres, dende idades moi temperás, da opción de escoller estudos vinculados á informática, fomentado así as vocacións nos estudos científico-tecnolóxicos entre o público feminino.
A proxección do documental terá lugar no GaiásTech, na Cidade da Cultura, nun acto no que participarán as protagonistas. A xornada poderá seguirse en liña a través de streaming.
- Data de celebración: Martes, 26 de outubro de 2021, de 10:00 h a 12:00 h.
- Programa da sesión: Gaiástech (xunta.gal)
Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.
Departamentos da Xunta de Galicia (Igualdade, Educación, Amtega…), Centros Universitarios, escolas técnicas superiores, colexiados do CPETIG e público en xeral.