Webinars TranformaTech Sessions - Profesional

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Webinars sobre tecnoloxías disruptivas de gran impacto na actualidade, dirixidos a perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos.

Obxectivos: 
Mellorar a competencia e o coñecemento sobre novas tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento de novas profesións dixitais.
En qué consiste: 

O Programa de webinars TransformaTech Sessions consiste nun ciclo de encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das entidades colaboradoras adheridas á iniciativa. 

Baixo a modalidade Profesional, o programa estrutúrase nunha serie de sesións dirixidas a profesionais, estudantes e titulados STEAM e a grupos mixtos de todo tipo de profesionais, tecnolóxicos e non tecnolóxicos, en función da temática da xornada.

Durante as sesións, deseñadas nun formato breve e participativo, afondarase en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City, a realidade virtual e aumentada, as tecnoloxías para a mellora da xestión ambiental e a eficiencia enerxética, entre outras.

Máis información no Programa da actividade.

As xornadas desenvolveranse en liña, previa inscrición individual para cada sesión.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
En liña, a través de streaming
A quen vai dirixido: 

Profesionais, titulados e estudantes STEAM ou grupos mixtos de profesionais TIC e non TIC, en función da temática.

Datas: 
Do 28/02/2022 - 09:00 ata o 03/06/2022 - 20:00