Retorna Dixital
Impulsada pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Portal que recolle ofertas de emprego no sector TIC, ofrecéndolles aos galegos e galegas retornados e aos que se encontran no exterior e que desexan retornar á súa terra, oportunidades para comezar unha nova carreira profesional no sector TIC de Galicia.
O Portal Retorna Dixital constitúese como un punto de encontro directo entre as empresas TIC galegas e os perfís dixitais que retornaron ou pensan en voltar a Galicia. A través deste espazo, as empresas adheridas poden publicar as súas ofertas de emprego, ás que calquera galego ou galega retornado ou no exterior poderá inscribirse, remitindo a súa solicitude.
Ademais, Retorna Dixital conta cun directorio de empresas tecnolóxicas con sede en Galicia, coas que as persoas retornadas poden contactar directamente para presentar autocandidaturas cando consideren que o seu perfil se axusta aos intereses da empresa.
Persoas emigrantes galegas e descendentes residentes no estranxeiro que queiran retornar ou que xa retornaron e buscan unha oportunidade laboral no sector tecnolóxico.