Curso de robótica - DigiTalent
Impulsado por Inetum España S.A.
Obradoiro lúdico-formativo onde se introduce aos máis pequenos na programación de robots a través do xogo.
Obxectivos:
Espertar e motivar as vocacións científico-tecnolóxicas a través de actividades lúdico-formativas que fomentan a creatividade e as competencias e habilidades dixitais.
En qué consiste:
Cursos de iniciación a robótica utilizando o coñecido xoguete de pezas Lego. Trátase dunha actividade lúdico-académica na que se aprende a “programar” certas accións que realiza un robot fabricado con pezas Lego.
No marco desta actividade, celebraranse os seguintes obradoiros:
Ferreira de Pantón (Dependencias do Concello)
- Datas de inscrición: Do 18 ao 27 de abril do 2022.
- As solicitudes de inscrición xestiónanse no Concello do municipio.
- Data de celebración: Venres, 29 de abril de 2022, de 17.30 a 19.30h.
- A actividade celebrarase nas dependencias do Concello.
Santiago de Compostela (Centro Comercial Compostela)
- Datas de inscrición: Do 2 ao 18 de maio do 2022.
- As solicitudes de inscrición poden remitirse ao enderezo electrónico administracion.galicia@inetum.world
- Data de celebración: Venres, 20 de maio de 2022, de 17.30 a 19.30h.
- A actividade celebrarase no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés).
Castrelo de Miño (Aula CeMIT)
- Datas de inscrición: Do 1 ao 8 de xuño do 2022.
- As solicitudes de inscrición xestiónanse no Concello do municipio.
- Data de celebración: Venres, 10 de xuño de 2022, de 17.30 a 19.03h.
- A actividade celebrarase na Aula CeMIT de Castrelo de Miño.
O aforo está limitado a 20 participantes.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Outros centros
A quen vai dirixido:
Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Idade mínima:
6
Idade máxima:
12
Datas:
Do 18/04/2022 - 09:00 ata o 10/06/2022 - 20:00