Webinars TranformaTech Sessions – Talento Xove
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Webinars sobre tecnoloxías disruptivas de gran impacto na actualidade, orientados a mocidade de ata 16 anos e a centros educativos de bacharelato e formación profesional.
O Programa de webinars TransformaTech Sessions consiste nunha serie de encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das entidades colaboradoras adheridas á iniciativa.
Baixo a modalidade Talento xove, o programa achega as novas tecnoloxías á mocidade galega a través dun ciclo de sesións con contidos adaptados e orientados a rapaces e rapazas de ata 16 anos e a centros educativos de bacharelato e formación profesional.
Durante as xornadas, deseñadas nun formato breve e participativo, afondarase en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City ou a robótica avanzada.
Máis información no Programa da actividade.
As sesións desenvolveranse en liña, previa inscrición individual para cada sesión.
Rapaces e rapazas ata 16 anos e centros educativos.