XGN R Encounter

Impulsado por R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U

Evento multitudinario que reúne afeccionados e profesionais da informática para intercambiar coñecementos a través dun programa de actividades relacionados coas novas tecnoloxías.

Obxectivos: 
Espertar e fomentar as vocacións STEAM a través de actividades lúdico-formativas e reforzar os coñecementos e habilidades de todos os perfís á continua evolución tecnolóxica.
En qué consiste: 

Vixésimo segunda edición da LAN party XGN R Encounter, que reúne a mozos e mozas entusiastas dos ordenadores e das tecnoloxías durante unha fin de semana para xogar, compartir e intercambiar coñecementos co obxectivo de coñecer xente, forxar novas relacións e aprender doutras persoas sobre as tecnoloxías da información e as comunicacións.

O evento conta cunha zona Extranet de acceso libre, onde se celebrarán conferencias, mostras e obradoiros sobre as últimas tendencias dixitais e informáticas; e unha zona Intranet, na que os participantes da LAN Party poderán desfrutar de demostracións, concursos, retos e outras actividades con diversas temáticas: arte dixital, hardware, software libre ou videoxogos.

  • Datas de celebración: Do 7 ao 9 de outubro do 2022.
  • Datas de inscrición zona Intranet: A partir do 8 de setembro.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Pabellóns 1 e 2 do Recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA. Avda. Recinto Feiral S/N, 36540, Silleda (Pontevedra)
A quen vai dirixido: 

Xuventude.

Datas: 
Do 07/10/2022 - 09:00 ata o 09/10/2022 - 20:00