Promover o desenvolvemento das competencias profesionais, mellorar a capacitación e ampliar os coñecementos, técnicas e habilidades dos membros da comunidade universitaria e doutros profesionais no eido da ciberseguridade.
Ofrecer a diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.
Fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, investigación, transferencia tecnolóxica e a cultura en xeral, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade.