Formación en blockchain
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Curso de formación teórico-práctica de introducción á tecnoloxía blockchain xunto co resto de Tecnoloxías de Rexistro Distribuído (DLT) desde cero, tanto nos seus fundamentos básicos como na súa aplicación práctica.
O curso dividirase en bloques temáticos impartidos por un equipo docente experto na materia.
As sesións quedarán gravadas e realizaranse en modo síncrono. Os contidos, a axenda coa planificación e os enlaces de acceso das sesións estarán dispoñibles na plataforma e-learning co tecnoloxía evolmind. Os participantes que superen o curso obterán un diploma acreditativo.
O programa contará ademais coa xornada inaugural.
- Datas de celebración:
- Xornada inaugural: 4 de outubro de 2022.
- Curso: Durante o terceiro trimestre do 2022.
Actividade enmarcada no convenio de colaboración entre o CPEIG e a AMTEGA coa participación de Alastria e da Escola Superior de Enxeñaría Informática.
Público técnico e profesional, maior de 18 anos