Ofrecer unha oportunidade única a alumnado de Bacharelato e Formación Profesional de experimentar en primeira persoa unha xornada laboral e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
Ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
Potenciar o talento en torno a tendencia da Intelixencia artificial, o Big Data e Analytics, tendencias tecnolóxicas cada vez máis estendidas na economía dixital.
Achegar a Galicia iniciativas atractivas e desafiantes para o público galego incentivando a súa participación e aproximándoo a coñecementos e competencias clave na nova economía dixital.
Acceso a unha canteira de talento que contribúa a cubrir vacantes de postos caracterizados pola confluencia das TIC co resto de ámbitos do coñecemento.
Espertar e motivar a interese polas vocacións científico-tecnolóxicas a través da creatividade e o ocio, fomentando as competencias e habilidades dixitais.