Altia FP Dual - DigiTalent

Impulsada por Altia Consultores S.A.

Estancias formativas na empresa Altia dirixidas a estudantes de Formación Profesional Dual.

Obxectivos: 
Fomentar o talento tecnolóxico galego, achegando aos estudantes de Formación Profesional ao mundo da empresa.
En qué consiste: 

Altia FP Dual supón unha aproximación do mundo da empresa á Formación Profesional, permitindo unha mellora do talento tecnolóxico en Galicia ao formar profesionais en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) con contidos actualizados e axustados ás necesidades reais das empresas. 

A través desta iniciativa, 15 estudantes terán a oportunidade de ir compaxinando a súa formación, alternando estancias formativas no Instituto e na empresa ata finalizar o ciclo, obtendo o título de Ciclo Superior de Formación Profesional Dual.

  • Datas de inscrición: Do 1 de xuño ao 1 de xullo do 2021.
  • Datas de celebración: Do 1 de setembro do 2021 ao 30 de xuño do 2023.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Empresas
A quen vai dirixido: 

Estudantes de Formación Profesional.

Datas: 
Do 01/09/2021 - 09:00 ata o 30/06/2023 - 15:00