Mentoring Day - DigiTalent
Impulsado por Televés, S.A.
Aproximación ao mundo laboral para alumnado de ESO e Bacharelato a través dunha xornada de traballo en Televés, en compañía dos seus profesionais expertos.
Obxectivos:
Ofrecer unha oportunidade única a alumnado de ESO e Bacharelato de experimentar en primeira persoa unha xornada laboral e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste:
Mentoring Day ofrece a estudantes de ESO e Bacharelato a oportunidade de experimentar de primeira man unha xornada laboral en Televés. Durante unha sesión de traballo, o alumno participante estará acompañado dun profesional experto que lle amosará as diferentes labores que se realizan, cales son as interaccións con outras áreas da compañía e a importancia que o seu traballo ten no produto ou solución comercializada.
- Datas de inscrición: Do 7 ao 15 de marzo de 2022.
As solicitudes de inscrición poden remitirse ao enderezo electrónico digitalent@televes.com, indicando nome e apelido do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos e escola de procedencia. - Datas de celebración: Do 15 de marzo ao 31 de maio de 2022.
As datas de celebración das sesións fixaranse cos diferentes expertos ao longo do período de execución da actividade, en función das solicitudes recibidas.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Instalacións centrais de Televés: Rúa Benéfica de Conxo, 17 – Santiago de Compostela
A quen vai dirixido:
Alumnado de ESO e Bacharelato.
Idade mínima:
12
Idade máxima:
18
Datas:
Do 07/03/2022 - 09:00 ata o 31/05/2022 - 15:00