AltiaStaging - DigiTalent
Impulsada por Altia Consultores S.A.
Programa dirixido a estudantes do Grao e Mestrado en Informática para o desenvolvemento de TFGs ou TFMs con Altia.
Obxectivos:
Fomentar a adaptación dos estudantes e titulados aos novos perfís dixitais, impulsando a súa formación en tecnoloxías disruptivas.
En qué consiste:
O Programa Altia Staging ofrece ao alumnado universitario a oportunidade de realizar os seus Traballos de Fin de Grao e Mestrado baixo as temáticas ideadas polos profesionais de Altia.
Os mozos e mozas poderán elaborar o seu proxecto nas liñas propostas desde a compañía, desenvolvendo un traballo novidoso e con proxección de futuro ao tempo que acadan novas habilidades en tecnoloxías disruptivas.
Para máis información, envía un correo ao enderezo electrónico seekingyou@altia.es.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
En curso
Lugar de celebración:
Empresas
A quen vai dirixido:
Alumnado das Facultades de Informática.
Datas:
Do 01/09/2022 - 09:00 ata o 30/06/2023 - 15:00