Taller de robótica colaborativa - DigiTalent
Impulsada por Televés S.A.
Obradoiro formativo dirixido a difundir a robótica colaborativa entre o alumnado, atraendo o seu interese cara as novas tecnoloxías.
Obxectivos:
Captar e espertar novas vocacións na área das TIC familiarizando ao alumnado coas novas tendencias tecnolóxicas relacionadas coa robótica.
En qué consiste:
Iniciativa orientada a explicar e promover o debate entre o alumnado en relación ao concepto de robótica colaborativa, seguridade en máquinas e relación entre máquina e persoas.
A través desta actividade introducirase aos participantes ao concepto de industria, de xeito que o alumnado sexa capaz de comprender a evolución da industrialización así como do papel que xoga a robótica industrial no século XXI. A robótica colaborativa xa é presente e demostrarase con exemplos o xeito no que axuda nos procesos de fabricación da maneira máis eficiente.
- Datas de inscrición: Do 7 ao 15 de febreiro do 2022.
As solicitudes de inscrición poden remitirse ao enderezo electrónico digitalent@televes.com, indicando nome e apelido do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos e escola de procedencia. - Datas de celebración: Do 14 ao 25 marzo do 2022.
As datas de celebración das sesións fixaranse ao longo do período de execución da actividade en función das solicitudes recibidas.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Instalacións centrais de Televés: Rúa Benéfica de Conxo, 17 – Santiago de Compostela
A quen vai dirixido:
Alumnado de ESO e Bacharelato.
Idade mínima:
12
Idade máxima:
18
Datas:
Do 07/02/2022 - 09:00 ata o 25/03/2022 - 15:00