Visitas ao Museo Didáctico das Telecomunicacións - DigiTalent

Impulsada por Telefónica S.A

Percorridos dinámicos guiados polo Museo Didáctico das Telecomunicacións de Telefónica, orientados a centros educativos, universidades e outros colectivos.

Obxectivos: 
Espertar e fomentar as vocacións STEAM a través de actividades lúdico-formativas, impulsado o atractivo das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste: 

Telefónica organiza visitas ao Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña, na que os participantes poderán facer un percorrido pola historia da telefonía e as telecomunicacións dende Graham Bell ata a fibra óptica, explorando os equipos e dispositivos que foron dando servizo a través do tempo ata a actualidade e que aínda se atopan operativos. 

Trátase dunha visita dinámica na que, a través de demostracións, os asistentes poderán coñecer en primeira persoa o funcionamento de diversos elementos históricos que abarcan todas as disciplinas das telecomunicacións vencelladas ao servizo telefónico, como telégrafos, terminais telefónicos, centrais, cables ou radios.

O Museo sitúase na Central de Telefónica situada en Montiño (A Coruña). Os percorridos teñen unha duración media de 2 horas, e están orientados a centros educativos, universidades e outros colectivos interesados en grupos de ata 15 persoas.
 

  • Datas de inscrición: A partir do 4 de abril. As solicitudes de inscrición poden remitirse ao enderezo electrónico museo.muditel@gmail.com, indicando a relación de alumnos ou participantes e DNIs.
  • Datas de celebración: As datas de celebración das sesións xestionaranse directamente cos participantes ao longo do período de execución da actividade.
     
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Central de Telefónica: Rúa Antonio Ríos, 31 - A Coruña
A quen vai dirixido: 

Centros educativos, universidades e outros colectivos.

Datas: 
Do 04/04/2022 - 09:00 ata o 31/08/2022 - 19:00