Taller de iluminación LED - DigiTalent

Impulsada por Televés S.A.

Obradoiro formativo dirixido a difundir a tecnoloxía LED entre o alumnado, atraendo o seu interese cara as novas tecnoloxías.

Obxectivos: 
Captar e espertar novas vocacións na área das TIC familiarizando ao alumnado coa iluminación LED.
En qué consiste: 

Taller de introdución á tecnoloxía LED como a tecnoloxía do futuro en iluminación dentro do ámbito enerxético, grazas as súas enormes vantaxes fronte á iluminación tradicional. A través desta actividade, os participantes poderán achegarse e familiarizarse coas solucións que se están deseñando e comercializando na actualidade neste eido.

  • Datas de inscrición: Do 7 ao 15 de febreiro do 2022.
    As solicitudes de inscrición poden remitirse ao enderezo electrónico digitalent@televes.com, indicando nome e apelido do/a alumno/a,  teléfono de contacto, estudos e escola de procedencia.
  • Datas de celebración: Do 14 ao 25 marzo do 2022.
    As datas de celebración das sesións fixaranse ao longo do período de execución da actividade en función das solicitudes recibidas.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Instalacións centrais de Televés: Rúa Benéfica de Conxo, 17 – Santiago de Compostela
A quen vai dirixido: 

Alumnado de ESO e Bacharelato.

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
18
Datas: 
Do 07/02/2022 - 09:00 ata o 25/03/2022 - 15:00