Taller de deseño e impresión 3D - DigiTalent

Impulsada por Televés S.A.

Obradoiro formativo dirixido a introducir ao alumnado no deseño e impresión 3D.

Obxectivos: 
Captar e espertar novas vocacións na área das TIC familiarizando ao alumnado coas novas tendencias tecnolóxicas.
En qué consiste: 

Obradoiro que proporciona unha visión xeral das etapas de desenvolvemento industrial dun produto e o papel que xoga o pretest neste eido, ao tempo que se percorren as diferentes técnicas (mecanizado, impresión 3D ou realidade virtual) que permiten aos prototipos transformarse e refinarse ata converterse en dispositivos que están máis preto dun produto final que as maquetas de madeira ou plástico empregadas antigamente.

  • Datas de inscrición: Do 7 ao 15 de marzo do 2022.
    As solicitudes de inscrición poden remitirse ao enderezo electrónico digitalent@televes.com, indicando nome e apelido do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos e escola de procedencia.
  • Datas de celebración: Do 19 ao 29 abril do 2022.
    As datas de celebración das sesións fixaranse ao longo do período de execución da actividade en función das solicitudes recibidas.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Instalacións centrais de Televés: Rúa Benéfica de Conxo, 17 – Santiago de Compostela
A quen vai dirixido: 

Alumnado de ESO e Bacharelato.

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
18
Datas: 
Do 07/03/2022 - 09:00 ata o 29/04/2022 - 15:00