Observatorio DXC

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Asesoramento especializado a alumnado universitario de disciplinas técnicas no desenvolvemento dos seus proxectos finais e realización de prácticas tuteladas.

Obxectivos: 
Potenciar e perfeccionar as competencias dixitais dos participantes en liña coas novas tendencias tecnolóxicas que irrompen na sociedade, proporcionándolles orientación nas distintas fases de elaboración dos seus proxectos e pautas para as necesidades reais do mercado.
En qué consiste: 

O Observatorio DXC é un programa de colaboración de DXC Technology coas Universidades de Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo), dirixido ao alumnado do último curso de Física, Enxeñaría Informática e do Máster de Big Data, que se desenvolve en torno a tres liñas de actuación:

  • Traballos de Fin de Grao e Mestrado: O alumado de último curso de Física, do Mestrado en Big Data da USC e de Enxeñaría Informática da USC e da UVigo pode acceder a asesoramento especializado, mediante co-titorización, para o desenvolvemento de Traballos Fin de Grao/Mestrado.
  • Premio ao mellor Traballo de Fin de Mestrado (TFM): VI edición do premio DXC ao mellor Traballo Fin de Mestrado no Mestrado en Big Data da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  • Prácticas de empresa: Realización de prácticas de empresa tuteladas orientadas ao estudantado de Enxeñaría Informática da USC e da UVigo baixo o marco do Observatorio DXC.
Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Sede do CEIN de DXC Technology en Santiago de Compostela
A quen vai dirixido: 

Estudantes do último curso de Enxeñaría Informática, Física, Mestrado en Big Data da USC e de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo.

Datas: 
Do 01/10/2022 - 09:00 ata o 30/09/2023 - 20:00