Tecnólog@ por un día – 14ª Edición
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Actividade na que os participantes se achegarán en primeira persoa ás profesións dixitais a través da inmersión en proxectos reais ou con encontros con responsables de talento ou profesionais sénior.
|
Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A décimo cuarta edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (Do 16 de marzo ao 14 de abril de 2026) Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará durante a terceira semana de abril no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir do 15 de abril, os docentes recibirán no enderezo electrónico sinalado no formulario de inscrición unha comunicación co resultado do sorteo e os pasos a seguir.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (Do 21 de abril ao 02 de xuño de 2026) As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e comunicarán ao alumnado e aos docentes as instrucións e outra información de interese para o desenvolvemento da xornada: lugar de celebración, axenda da sesión, autorización para a captación de imaxes... |
|
|
Rapaces e rapazas de 12 a 17 anos
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 2.58 MB | |
| 2.47 MB | |
| 2.17 MB | |
| 632.67 KB | |
| 300.18 KB |