Curso de especialista en 5G de Galicia
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Programa formativo que ofrece a diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da extensión da tecnoloxía 5G.
Programa formativo froito dun acordo subscrito entre a Amtega, a Universidade de Vigo e o operador público Retegal; aberto a titulados, estudantes e profesionais do sector tecnolóxico e que será impartido por docentes da Universidade e por profesionais expertos do sector, tanto de operadores (Movistar, Orange, Vodafone), como fabricantes (Nokia Spain, Ericsson) e desenvolvedores de solucións verticais (PSA, RTVE, CTAG, SERGAS).
Conta cun máximo de 25 prazas en bolsas para estudantes, desempregados e persoas en activo. Con 200 horas lectivas, divididas en 6 módulos máis o proxecto fin de curso, permite obter o título de “Especialista en Tecnoloxías de Quinta Xeración (5G)”. As clases terán lugar os xoves e os venres pola tarde (ambas as dúas online).
Este curso é unha das medidas previstas no Plan Galicia 5G, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración con outros axentes do ecosistema TIC galego, co obxectivo de facer de Galicia unha rexión pioneira na aplicación do 5G e na expansión do coñecemento desta tecnoloxía.
01/06/2021. Fin das clases de aula
30/04/2021. Comezo dos proxectos de fin de curso
22/10/2021. Xornada de presentación e defensa de proxectos de fin de curso
Profesionais do sector, estudantes de máster ou grao, e persoas en situación de desemprego.