WRO Galicia
Impulsada por Arkitas Robótica, S.L.
Fase local da World Robot Olympiad (WRO), unha competición de robótica educativa que engloba diversos retos que teñen que resolver os equipos, clasificatoria para a final nacional/internacional.
A World Robot Olympiad (WRO) é unha divertida e desafiante olimpíada de robótica na que os participantes poderán vivir unha experiencia educativa internacional no ámbito da tecnoloxía na que, a través dos seus retos, abordaranse aspectos relacionados co medio ambiente, reciclaxe ou as cidades do futuro.
A WRO Galicia 2020, organizada pola Arkitas Robótica S.L., constitúe a fase local desta competición na que equipos formados por un adestrador e 2 ou 3 participantes compiten nas seguintes categorías:
- Categoría WeDo: de 6 a 10 anos
- Categoría Regular Elementary: de 7 a 12 anos
- Categoría Regular Junior: de 13 a 15 anos
- Categoría WRO Football: de 10 a 19 anos
Máis en concreto, no marco das categorías de WeDo, Regular Elementary e Regular Junior os equipos deben construír robots orientados a resolver os retos formulados: rescate no incendio forestal, vendaval e tormenta de neve respectivamente. Na categoría WRO Football dous equipos competirán, con dous robots autónomos por equipo.
Os participantes mellor clasificados poderán acceder á final nacional e/ou internacional.
Data de celebración: 17 de outubro de 2020 (ONLINE)
Nenos e nenas de idades entre 6 e 19 anos