Cátedra R en Ciberseguridade – DigiTalent
Impulsado por R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U
Desenvolvemento de actividades de formación e divulgación, dirixido a estudantes e profesionais, para a difusión de coñecemento e a mellora das competencias no campo da ciberseguridade.
A Cátedra R en Ciberseguridade, desenvolta en colaboración coas Universidades de Vigo e de A Coruña, é a primeira cátedra interuniversitaria galega e ten como obxectivo adaptar todo o potencial de coñecemento e preparación ás necesidades da empresa fomentando en paralelo a formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade.
No marco da cátedra levaranse a cabo diferentes actividades como:
- Seminarios, webinars e conferencias sobre diferentes aspectos para a promoción e divulgación no eido da ciberseguridade.
- Talleres e cursos MOOC sobre os principios básicos de ciberseguridade orientado a empresas.
Estudantes de ciclos tecnolóxicos, ESO e Bacharelato, estudantes de carreiras STEM, recentemente licenciados e traballadores de empresas tecnolóxicas.