Cátedra everis de Transformación Dixital
Impulsada por everis Spain S.L.U.
Desenvolvemento de actividades de formación e divulgación, estimulando o talento dos estudantes e facilitando a súa incorporación ao mundo laboral; así como actuacións de transferencia e investigación en torno ás últimas tendencias tecnolóxicas.
Obxectivos:
Fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, investigación, transferencia tecnolóxica e a cultura en xeral, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade.
En qué consiste:
A través da colaboración estable entre a Universidade da Coruña e a empresa everis, durante o período 2018-2022 everis impulsará actividades de:
- Formación e divulgación: colaborar na docencia da Facultade de Informática e promover actuacións que estimulen o talento dos estudantes e faciliten a súa incorporación ao mundo laboral: conferencias, seminarios, talleres, prácticas, premios...
- Actividades de transferencia e de investigación: desenvolver liñas de investigación conxunta, cooperar para lograr proxectos de investigación no ámbito galego, promocionar encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da Cátedra, entre outras)
- 5 Xornadas de formación técnica ao amparo da programación docente dos graos e mestrados da Facultade de Informática da UDC:
- Charla técnica FastData - 11/04/2018
- Mobilidade e pago co móbil - 11/05/2018
- Taller DevOps – 20/11/2018
- Taller de Comunicación - 27/11/2018 e 28/11/2018
- Taller de liderado - 26/02/2019
- 4 Relatorios / xornadas sobre novas tendencias tecnolóxicas
- Intelixencia Artificial para a transformación dixital das empresas - 13/04/2018
- Blockchain - 06/11/2018
- Iniciación ao Blockchain - abril 2019
- Tendencias en IoT - maio 2019
- 2 Xornadas de portas abertas nas oficinas de everis para dar a coñecer a tipoloxía de proxectos que se realizan e experiencias de ex-alumnos da Facultade de Informática:
- everis OpenDay - 11/12/2018
- everis OpenDay - abril 2019
- Patrocinio ao mellor traballo de fin de grao (TFG) aplicado e compromiso de contratación - Febreiro 2019
- Oferta de 4 prácticas empresariais a alumnos de Grao (set-dec 2018) - En execución
- Oferta de 4 prácticas empresariais a alumnos de Grao (feb-maio 2019) - En execución
- Oferta para a realización do traballo de fin de grao (TFG) en everis – Vixencia permanente
- Curso de formación técnica específica a alumnos que realizan o traballo de fin de grao (TFG) – Proximamente
- Outros patrocinios
- Congreso IPT: Informática para todo@s.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Facultade de Informática – Universidade da Coruña.
A quen vai dirixido:
A actividade vai dirixida a diferentes perfís: alumnado, persoal investigador, persoal docente e a sociedade no seu conxunto.
Datas:
Do 01/09/2018 - 09:00 ata o 31/01/2022 - 20:00