Tech Kids
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Axenda dinámica de actividades lúdico formativas para aumentar o interese dos máis novos polas profesións tecnolóxicas.
O Programa “Tech Kids”, impulsado pola Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), consiste nun programa de talleres no que os nenos e nenas deberán superar desafíos temáticos co obxectivo de involucralos na investigación, a tecnoloxía e a ciencia.
Durante a súa participación no programa, os rapaces e rapazas poñerán en práctica o seu talento dixital amosando a súa capacidade de resolución de problemas ao tempo que desenvolven competencias persoais a través dunha contorna cen por cen amistosa e colaborativa.
Este ano, a modalidade é totalmente online e poderán espertar a súa curiosidade e creatividade pola tecnoloxía sen saír da casa.
Actividades
1. Gamer Tech: “Soña, deseña e crea videoxogos incribles”.
- Primeiro ciclo de primaria: Os xoves, de 10:30 a 13:30 horas.
- Segundo ciclo de primaria: Os martes, de 10:30 a 13:30 horas.
2. Robo Tech: “Se che gustan os retos, os desafíos e a robótica este é o teu campamento”.
- Primeiro ciclo de primaria: Os luns, de 10:30 a 13:30 horas.
- Segundo ciclo de primaria: Os martes, de 10:30 a 13:30 horas.
- Secundaria: Os mércores, de 10:30 a 13:30 horas.
3. App Tech: “Sorprende a tod@s creando a túa propia App”.
- Secundaria: Os mércores, de 10:30 a 13:30 horas.
- Segundo ciclo de primaria: Os venres, de 10:30 a 13:30 horas.
4. Compu Tech: “Aprende todo o necesario para os teus traballos de clase”.
- Primeiro ciclo de primaria: Os xoves, de 10:30 a 13:30 horas.
- Segundo ciclo de primaria: Os venres, de 10:30 a 13:30 horas.
5. Minecraft Tech:”Se o que che gusta é o Minecraft esta é a túa oportunidade”.
- Primeiro ciclo de primaria: Os luns, de 10:30 a 13:30 horas.
O prazo de inscrición remata o vindeiro luns día 27 de xullo ás 12:00 horas e os grupos formaranse cun máximo de 20 alumn@s.
As inscricións xestionaranse por rigorosa orde de chegada e terán preferencia os usuari@s das aulas CeMIT.
Nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Primaria e Secundaria.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 2.87 MB |