Colaboración TEGRA-MUniCS – DigiTalent
Impulsado por Telefónica S.A
Programa para que alumnos/as do Máster Interuniversitario de Ciberseguridade realicen as prácticas e o seu proxecto fin de máster dentro de TEGRA, o centro de I+D de ciberseguridade de Galicia.
Desde Telefónica, a través de TEGRA Cibersegurity Center, ofrecen a mozos e mozas a oportunidade de realizar os seus proxectos computables como prácticas/TFM dentro do Máster MUniCS.
Os alumnos/as poderán coñecer desde dentro como funciona un laboratorio de innovación de ciberseguridade desenvolvendo solucións disruptivas e orientadas a un mercado global. Ademais, tamén ofrecerase titorización dos traballos de fin de máster.
A súa vez, ElevenPaths acordou ceder de balde ao Máster MUniCS licenzas da ferramenta SandaS GRC, unha plataforma de soporte na materia de Xestión da Seguridade da Información.
Alumnos/as do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade, organizado polas universidades de Vigo e A Coruña.