Ten como obxectivo crear un espazo de aprendizaxe, experimentación e colaboración entre diferentes xeracións, favorecendo o intercambio de coñecementos e experiencias.
Impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC.
Espertar e fomentar as vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás, impartindo e difundido os valores e nocións de programación informática na contorna familiar e académica a través de actividades prácticas, sen necesidade de coñecemento profundo en linguaxes de programación.
Impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC.
Poñer en práctica o talento dixital e a capacidade de resolución de problemas entre a rapazada, ao tempo que se desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa.
Formar á cidadanía no emprego de equipamento innovador co que se dotou á Rede CeMIT e incrementar as habilidades e competencias dixitais dos seus usuarios/as.