XI Scratch Day
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
Actividade lúdico-formativa onde rapaces e rapazas, pais, nais poderán achegarse á programación coa tecnoloxía Scratch.
Nova edición do Scratch Day, unha iniciativa que achega dun xeito lúdico e práctico a linguaxe de programación Scratch aos máis novos e novas, co obxectivo de espertar e impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas na infancia e a adolescencia.
O Scratch Day configúrase como unha xornada intensiva de carácter dinámico e interactivo, orientada a divulgar os valores da programación informática entre rapaces e rapazas de 7 a 15 anos e as súas familias, así como incentivar e fomentar a creatividade, a motivación, a autonomía e a capacidade de resolución de problemas.
Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega.
As xornadas terán lugar nas aulas CeMIT de Guitiriz (11 de setembro), Tui (12 de setembro) e Fisterra (26 de setembro). Adicionalmente, celebrase unha xornada na sala de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura o 10 de outubro.
Nenos e nenas de 7 a 15 anos, pais e nais