Programa Tech Kids 2024: Obradoiros creativos sobre equipamento disruptivo na Rede CeMIT

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.

Sesións de carácter demostrativo-experimental de exposición das aplicacións e usos dos diferentes equipamentos tecnolóxicos disruptivos cos que están dotadas as aulas da Rede CeMIT.

Obxectivos: 
Poñer en práctica o talento dixital e a capacidade de resolución de problemas entre a rapazada, ao tempo que se desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa.
En qué consiste: 

O programa Tech Kids é unha iniciativa da Amtega en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que ten entre os seus obxectivos capacitar e impulsar o talento dixital na infancia e a xuventude.  

No marco deste Programa, a edición 2024 impulsa un conxunto de ata 27 sesións de 4 horas de duración entre os meses de xullo e agosto dirixidas á rapazada de entre aproximadamente 12 e 18 anos, e que terán un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos diferentes equipamentos tecnolóxicos disruptivos dos que dispoñen as aulas da Rede CeMIT.

Entre as temáticas a abordar nas xornadas, atópanse:

  • Deseño guiado de modelado en 3D orientado á fabricación FDM.
  • Práctica guiada de construción e programación dun robot simple que implemente unha placa controladora para xestionar os compoñentes e comunicarse con outros robots na aula.
  • Prácticas supervisadas de pilotaxe de drons en interior: modo xenérico e modo FPV.
  • Experiencias inmersivas en RV e Educa360.
  • Proposta de proxectos futuros e inspiración: a crear!

 

  • Datas de celebración: entre os meses de xullo e agosto de 2024.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.
 

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Aulas CeMIT
A quen vai dirixido: 

Rapaces e rapazas de 12 a 18 anos.

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
18
Datas: 
Do 01/07/2024 - 10:00 ata o 31/08/2024 - 20:00