Girl STEAM
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
Programa de obradoiros prácticos orientado a espertar vocacións tecnocientíficas entre a mocidade galega e contribuír a reducir a fenda de xénero nas profesións vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas.
A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica de Galicia (CPETIG) desenvolven unha nova edición dos obradoiros “Girl STEAM”, dirixidos a dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e a presenza das mulleres nas carreiras STEAM, co obxectivo de espertar e motivar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas.
Os obradoiros Girl STEAM achegan a tecnoloxía aos rapaces e rapazas dun xeito creativo e inspirador a través de actividades enfocadas á experimentación tecnolóxica. Entres os meses de xuño e setembro, celebraranse obradoiros formativos prácticos presenciais de 4 horas de duración en 19 concellos galegos nas aulas CeMIT e nas instalacións do Centro GaiásTech, con sesións en dúas quendas por idades (de 9 a 11 e de 12 a 16 anos).Nos obradoiros, as persoas participantes traballarán en grupo para crear unha maqueta dun fogar empregando materiais sinxelos, como caixas de zapatos, e incorporarán funcionalidades mediante placas Arduino (acendido automático de luces, apertura de accesos, alarmas, etc.).
O aforo máximo por obradoiro será de 15 persoas.
As persoas interesadas en participar poderán consultar as aulas CeMIT participantes e poderán solicitar praza a través da páxina web de CeMIT.
Rapaces e rapazas de 9 a 16 anos.