Programa Tech Kids: argallando entre xeracións 2026
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
Actividade lúdico-formativa para aumentar o interese dos máis novos polas profesións tecnolóxicas.
|
Trátase de obradoiros prácticos de aprendizaxe en tecnoloxía maker nos que as persoas participantes idearán e desenvolverán proxectos baseados na invención, a creatividade e a colaboración. A iniciativa contará cun enfoque interxeracional, combinando as tradicións e a cultura ancestral de Galicia co uso de tecnoloxías innovadoras como a programación, a robótica, a impresión 3D, a electrónica creativa ou a intelixencia artificial. Nesta edición do programa, introdúcese como novidade a realización de xornadas de “Innovación entre xeracións” que permitirán, unha vez finalizada a actividade e desenvolvido o proxecto nas aulas, que as persoas participantes presenten o traballo realizado, e realicen demostracións a persoas maiores. Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega. As persoas interesadas en participar na actividade poderán consultar as aulas CeMIT participantes e as datas dos cursos na páxina web de CeMIT (www.cemit.xunta.gal). |
Rapaces e rapazas de 12 a 18 anos.