Centro Demostrador TIC (CDTIC)
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Centro de promoción da transformación dixital que, a través de formación dixital, demostracións e sensibilización TIC contribúe a mellorar eficiencia e a competitividade das pemes galegas.
O CDTIC é o centro de promoción da transformación dixital orientado a amosar e transmitir ás empresas como a adopción das TIC nas súas estratexias de negocio é fundamental para asegurar a súa viabilidade nun mercado en constante innovación tecnolóxica e onde a competitividade é cada vez maior, a través de actividades de formación dixital, demostracións de solucións tecnolóxicas e sensibilización sobre os beneficios das TIC.
Na súa labor, o CDTIC apoiase no sector TIC galego poñendo en valor os seus produtos, servizos e capacidades e servindo así de punto de encontro entre a oferta do sector TIC e o resto de sectores produtivos.
Empresas e profesionais do sector TIC e do resto de sectores.