Girl STEAM
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Programa para motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado feminino guiado por unha rede de profesionais de recoñecido prestixio.
A Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvolven o Programa “Girl STEAM”. O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas aos roles das mulleres no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.
Durante os meses de xullo, agosto e setembro, celebraranse obradoiros formativos prácticos presenciais en 16 concellos galegos, con sesións en dúas quendas por idades:
- Quenda 1: rapazada de 8-11 anos.
- Quenda 2: rapazada de 12-15 anos.
Os obradoiros Girl STEAM achegan a tecnoloxía aos rapaces e rapazas dun xeito creativo e inspirador, permitíndolles experimentar con actividades como a creación de circuítos en papel, a programación de videoxogos con scratch ou o deseño de cómics interactivos co kit de creación makey makey. Ademais, os participantes poderán desenvolver proxectos máis avanzados que requiren habilidades en programación, como a elaboración de postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva ou proxectos con sensores.
As xornadas terán lugar, sempre que sexa posible, nas aulas CEMIT. Aforo limitado a 15 participantes por quenda.
Os lugares e as datas de celebración dos obradoiros de Girl STEAM están dispoñibles na web CeMIT.
Nenas e nenos de 8 de 15 anos