Girl STEAM

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.

Programa de obradoiros prácticos orientado a espertar vocacións tecnocientíficas entre a mocidade galega e contribuír a reducir a fenda de xénero nas profesións vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas.

Obxectivos: 
Impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC.
En qué consiste: 

A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica de Galicia (CPETIG) desenvolven unha nova edición dos obradoiros “Girl STEAM”, dirixidos a dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e a presenza das mulleres nas carreiras STEAM, co obxectivo de espertar e motivar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas.
Os obradoiros Girl STEAM achegan a tecnoloxía aos rapaces e rapazas dun xeito creativo e inspirador a través de actividades enfocadas á experimentación tecnolóxica. Entres os meses de xuño e setembro, celebraranse obradoiros formativos prácticos presenciais de 4 horas de duración en 19 concellos galegos nas aulas CeMIT e nas instalacións do Centro GaiásTech, con sesións en dúas quendas por idades (de 9 a 11 e de 12 a 16 anos).Nos obradoiros, as persoas participantes traballarán en grupo para crear unha maqueta dun fogar empregando materiais sinxelos, como caixas de zapatos, e incorporarán funcionalidades mediante placas Arduino (acendido automático de luces, apertura de accesos, alarmas, etc.).

O aforo máximo por obradoiro será de 15 persoas.

As persoas interesadas en participar poderán consultar as aulas CeMIT participantes e poderán solicitar praza a través da páxina web de CeMIT.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Aulas CeMIT e Centro GaiásTech
A quen vai dirixido: 

Rapaces e rapazas de 9 a 16 anos.

Idade mínima: 
9
Idade máxima: 
16
Datas: 
Do 26/06/2026 - 09:00 ata o 03/09/2026 - 20:00