Campamento Digitalia
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Campamento de verán cunha serie de obradoiros orientados a poñer en valor as capacidades e empregos dixitais.
Obxectivos:
Estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.
En qué consiste:
|
Os campamentos Digitalia, postos en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Amtega, están centrados no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos/as a través do desenvolvemento de actividades que lles permitan achegarse ás tecnoloxías dunha forma práctica e lúdica. Cunha duración dunha semana no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, os campamentos responden a tres temáticas diferentes:
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 16/04/2026 – 29/04/2026 |
Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado:
En curso
Lugar de celebración:
Albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)
A quen vai dirixido:
Nenos e nenas de 12 a 14 anos
Idade mínima:
12
Idade máxima:
14
Datas:
Do 31/08/2026 - 09:00 ata o 07/09/2026 - 20:00