Campamento Digitalia

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Campamento de verán cunha serie de obradoiros orientados a poñer en valor as capacidades e empregos dixitais.

Obxectivos: 
Estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.
En qué consiste: 

Os campamentos Digitalia,  postos en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Amtega, están centrados no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos/as a través do desenvolvemento de actividades que lles permitan achegarse ás tecnoloxías dunha forma práctica e lúdica.

Cunha duración dunha semana no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, os campamentos responden a tres temáticas diferentes:

  • Creando o meu videoxogo: Achegamento ao desenvolvemento de videoxogos e á Intelixencia Artificial usando diversas contornas de creación. As persoas participantes poderán crear un videoxogo definindo a interface gráfica, os personaxes, a mecánica do xogo e facer uso da Intelixencia Artificial para obter comportamentos que se asemellen á realidade.
  • A vista de paxaro: primeiros pasos con drons: Achegamento aos fundamentos que permiten a creación, control e voo dun dron. As persoas participantes poderán coñecer os principios necesarios na tecnoloxía de drons, e mediante o emprego de ferramentas informáticas e manipulación de drons adaptados á súa idade, serán quen de comprobar os seus coñecementos e experimentar coas enormes posibilidades da tecnoloxía dos drons.  
  • Adestrando o meu robot: Achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para a construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas e traballo en equipo, superando pequenas probas ou retos coa aplicación dos coñecementos aprendidos.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 16/04/2026 – 29/04/2026

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 12 a 14 anos

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
14
Datas: 
Do 31/08/2026 - 09:00 ata o 07/09/2026 - 20:00