Girl STEAM

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.

Programa de obradoiros prácticos para motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado feminino.

Obxectivos: 
Impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC.
En qué consiste: 

Nova edición do ciclo de obradoiros Programa Girl STEAM, dirixido a dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e a presenza das mulleres nas carreiras STEAM, co obxectivo de espertar e motivar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas. Os obradoiros Girl STEAM achegan a tecnoloxía aos rapaces e rapazas dun xeito creativo e inspirador a través de actividades enfocadas á experimentación tecnolóxica. Durante os meses de xullo, agosto e setembro, celebraranse obradoiros formativos prácticos presenciais de 4 horas de duración en 18 concellos galegos nas aulas CeMIT e nas instalacións do Centro GaiásTech, con sesións en dúas quendas por idades (de 8 a 11 e de 12 a 15 anos).Nos obradoiros, os participantes terán a oportunidade de achegarase ao funcionamento das placas micro:bit. Aprenderán a identificar as principais funcións destas tarxetas programables de aprendizaxe e a programalas con diferentes comandos. De forma colaborativa, traballarase na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit de robótica e construción co que contan as aulas CeMIT. Unha vez superada esta primeira fase, continuarase o traballo coa placa para a elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais reciclables, como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.Os lugares, datas e horarios de celebración dos obradoiros de Girl STEAM están dispoñibles para consulta na web da Rede CeMIT. O aforo está limitado a 15 persoas por quenda de idade.Esta iniciativa desenvólvese ao abeiro do Convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Aulas CeMIT e Centro GaiásTech
A quen vai dirixido: 

Rapaces e rapazas de 8 a 15 anos.

Idade mínima: 
8
Idade máxima: 
15
Datas: 
Do 08/07/2024 - 09:00 ata o 10/09/2024 - 20:00