Visitas ao Data Center de Altia - DigiTalent
Impulsada por Altia Consultores S.A.
Visitas guiadas polas instalacións do Data Center de Altia, orientadas a centros educativos.
Obxectivos:
Impulsar o interese dos máis novos e novas nas novas tecnoloxías, fomentando o atractivo das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste:
Iniciativa dirixida a centros educativos no que os alumnos e alumnas participantes terán a oportunidade de visitar o centro de servizos xestionados do Data Center de Altia situado en Vigo.
Ao longo da visita e guiados polos profesionais da empresa, os estudantes poderán coñecer en primeira persoa as instalacións, que contan con 400 m² de salas técnicas.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
En curso
Lugar de celebración:
Data Center de Altia en Vigo
A quen vai dirixido:
Centros de estudos.
Datas:
Do 01/09/2022 - 09:00 ata o 30/06/2023 - 15:00