TFG Solidarios

Impulsada por NTT Data Spain S.L.U.

 

Obxectivos: 
Fomentar a elaboración de TFG da man de entidades sociais co foco na cobertura das súas necesidades tecnolóxicas, contribuíndo á aportación de valor á sociedade dende o eido universitario.
En qué consiste: 

NTT Data ofrece ao alumnado de Enxeñaría Informática da UDC a oportunidade de desenvolver os seus Traballos de Fin de Grao (TFG) en temáticas vencelladas ás necesidades tecnolóxicas identificadas pola compañía ao abeiro das relacións establecidas e mantidas con diferentes entidades de carácter social. 

Os TFG propostos realizaranse da man das organizacións sen ánimo de lucro que colaboran coa iniciativa e desenvolveranse baixo a dirección do profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. As liñas temáticas propostas están dirixidas a cubrir as necesidades das ONGs, xerando impacto social e achegando valor á sociedade.

Esta actuación desenvólvese no marco da Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía coa Universidade da Coruña. O alumnado que escolla algunha das temáticas propostas para desenvolver o seu TFG pode optar a unha das bolsas de formación que ofrece a Cátedra.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Facultade de Informática da Coruña (FIC)
A quen vai dirixido: 

Estudantes do Grao de Enxeñaría Informática da UDC

Datas: 
Do 27/10/2022 - 09:15 ata o 29/09/2023 - 18:00