Tecnólog@ por un día JUNIOR - Sesións online

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Actividade para achegar as profesións dixitais aos máis novos/as a través da inmersión na realidade destes traballos da man de profesionais voluntarios/as que compartan os proxectos, ferramentas e/ou coñecementos que empregan no seu día a día; contribúan á resolución de dúbidas vocacionais dos participantes; ou lles dean a coñecer as capacidades que demandan as empresas do sector.

Obxectivos: 
Ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos/as teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste: 

Tecnólog@ por un día JUNIOR é unha actividade na que estudantes de 12 a 14 anos poderán experimentar distintos aspectos das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas. A actividade desenvolverase on line cunha duración estimada de 40 minutos - 1 hora.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (ata o 28 de abril)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. 
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles e as empresas colaboradoras, que o alumnado poderá seleccionar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).

ASIGNACIÓN DE PRAZAS
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público. Para contribuír a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM reservarase un terzo das prazas para as nenas.
Como resultado, realizarase a correspondente comunicación aos docentes a través do email sinalado no formulario de inscrición indicando o estado de cada solicitude (Asignada, Reserva ou Non asignada).

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (do 3 de maio ao 28 de maio)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da sesión e enviarán por correo electrónico tanto ao alumnado como aos docentes as instrucións para conectarse (incluíndo ligazóns ou calquera outro requisito necesario para o seu adecuado desenvolvemento). 

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE
Está dispoñible o manual do docente para consultar os aspectos clave e os consellos prácticos de cara o desenvolvemento da actividade.
Tamén se encontra dispoñible o modelo de autorización que o alumnado debe entregar no centro educativo unha vez cuberto e asinado polos pais/nais/titores legais.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Online
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 12 a 14 anos

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
14
Datas: 
Do 19/04/2021 - 09:00 ata o 28/05/2021 - 15:00