Tech Kids on line: Ciberseguranza Kids (II Edición)

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Xornadas de divulgación sobre ciberseguridade para nenos e nenas mediante actividades nun formato altamente participativo.
 

Obxectivos: 
Fomentar e reforzar unha cultura de ciberseguridade dende idades temperás.
En qué consiste: 

O programa Ciberseguranza Kids é unha iniciativa da Amtega en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que ten por obxectivo achegar aos máis novos e novas os valores e oportunidades na esfera dixital, pero tamén as normas e límites para un uso seguro da Internet, coa divulgación da ciberseguridade entre os máis pequenos. 

Na segunda edición deste programa, visitaranse diferentes centros de ensino localizados ao longo da xeografía galega nos que se desenvolverán sesións presenciais en formato contacontos, dotando á actividade dun carácter dinámico que invite aos nenos e nenas a participar. Como novidade para o curso 2022/2023, as instalacións do GaiásTech acollerán tres das sesións do programa.

Nas sesións mesturaranse a narración coa ilustración, creando unha historia na que dun xeito lúdico se informe ao alumnado sobre a ciberseguridade e os perigos da rede.  O conto empregado nas sesións está dispoñible en formato dixital para a súa descarga.

  • Datas de celebración: Do 5 ao 26 de outubro de 2022.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Centros escolares e GaiásTech
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Idade mínima: 
3
Idade máxima: 
12
Datas: 
Do 05/10/2022 - 09:00 ata o 28/10/2022 - 15:00
Arquivos: 
AnexoTamaño
PDF icon Navegando con seguridade7.79 MB