Seminarios sobre a informática xudicial, a ciberseguridade e a protección de datos
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
IURISTICGAL: X Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos - Seminarios sobre Informática Xudicial, Ciberseguridade e Protección de Datos.
Nova edición en liña dos Seminarios sobre Informática Xudicial, Ciberseguridade e Protección de Datos – Iuristicgal, que ten por obxectivo informar e concienciar aos profesionais do dereito sobre os aspectos máis relevantes da intervención do factor informático no proceso e na administración electrónica xudicial: os beneficios de incorporar as novas tecnoloxías no proceso xudicial, o apoio que prestan os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves para a valoración de proba informática.
Aforo limitado.
- Data de celebración: 21 de outubro de 2021
- Datas de inscrición: Desde o 24 de setembro
- Programa da xornada: IuristicGal2021
Esta actividade realízase no marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.
Xuristas, profesionais do dereito, outros profesionais forenses e público en xeral interesados nos avances en materia xurídica e probatoria nos que interven o factor informático.