Programa Vórtice - DigiTalent

Impulsada por everis Spain S.L.U.

Procura e vixilancia de iniciativas de ámbito STEM (concursos, competicións, etc.) de carácter nacional/internacional para a súa organización en Galicia.

Obxectivos: 
Achegar a Galicia iniciativas atractivas e desafiantes para o público galego incentivando a súa participación e aproximándoo a coñecementos e competencias clave na nova economía dixital.
En qué consiste: 

A través do Programa Vórtice a empresa everis desenvolve unha procura e vixilancia continua de iniciativas de ámbito STEM, tanto nacionais como internacionais, coa finalidade de valorar a súa organización na nosa Comunidade e poñendo a disposición dos participantes locais as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da actividade. Deste modo, ofrece a oportunidade de poñer en práctica as inquietudes tecnolóxicas de estudantes, profesionais e a sociedade en xeral a través de iniciativas que potencien o seu talento dixital.

HASH CODE de Google. Consiste nunha competición de programación por equipos organizada por Google para estudantes e profesionais da industria IT en todo o mundo, na que a oficina de everis A Coruña convértese un ano máis en Hub da competición. 

En que consiste? Por equipos, elixides unha linguaxe de programación e Google propoñeravos o problema que teredes que resolver na primeira fase.  A competición consta de dúas roldas, e para a primeira podedes unirvos ao Hub de everis A Coruña e competir nas súas instalacións. Se estades entre os gañadores, Google levarate ás súas oficinas en Dublín onde competiredes contra o resto de finalistas.

Como participamos?  Para competir na primeira rolda soamente tedes que ser un equipo de 2 a 4 persoas e un dos membros debe crear o equipo inscribíndose en codingcompetitions.withgoogle.com/hashcode e compartir a ligazón de invitación co resto de membros. Ao crear o equipo selecciona o Hub de A Coruña.

Cando? A competición será o xoves 20 de febreiro de 2020 de 18:30 a 22:30 na oficina de everis A Coruña.
 

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
A quen vai dirixido: 

Estudantes, titulados, profesionais ou calquera persoa con inquietudes tecnolóxicas.

Datas: 
20/02/2020 - Do 18:30 ata o 22:30
Arquivos: 
AnexoTamaño
PDF icon Tríptico HashCode Coruña 2020333.45 KB