Programa ReAcciona TIC

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Oferta de servizos de asesoramento especializado para avaliar a capacidade e oportunidades de mellora da empresa no ámbito dixital e a implantación de solucións dixitais.

Obxectivos: 
Potenciar a competitividade das pemes galegas a través de servizos que as apoien na súa transformación dixital.
En qué consiste: 

O programa ReAccionaTIC oriéntase a impulsar a modernización tecnolóxica do tecido empresarial galego ofrecendo ás pemes galegas un catálogo unificado de servizos a prezos reducidos orientados a mellorar a súa competitividade a través de aspectos operativos, estratéxicos ou de incorporación de tecnoloxía.

En concreto, no marco das distintas convocatorias do programa, os servizos vinculados á dixitalización permitirán ás pemes acceder a servizos relacionados coas novas tendencias dixitais como as solucións baseadas nos contidos dixitais, a ciberseguridade ou as solucións en mobilidade; a través de axentes colaboradores:

  • Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa
  • Servizos de definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme
  • Servizos de apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade
  • Servizos de apoio na adopción de solucións innovadoras con base nos contidos dixitais
  • Servizos de deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme
Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Próximamente
Lugar de celebración: 
A quen vai dirixido: 

Pemes e autónomos.